sábado, 26 de enero de 2008

VÍDEO: LOS HIJOS BASTARDOS DE PETER LORRE

Xa vos comentaramos o concerto no Woodstock do pasado día 4 de xaneiro, pois aquí temos un mostra do que puidéchedes ver, ou do que vos perdeches os que non asististes...



Gracias a Davitxu, pola gravación.
¡Saúde e Rock'n'soul!

miércoles, 23 de enero de 2008

HANCOCK

Pois sí, non é que nos estemos volvendo fans de Will Smith, xa cando deixou o principe de bel-air perdeu toda a sua vena cómica... Hata que encontrei esta xoia, HANCOCK unha parodia aos superheroes.

Ahhh subtituladas en castelan para que os enteredes un pouco das parvadas que soltan...

lunes, 21 de enero de 2008

SEGUEN OS SOSPEITOSOS...E AS SOSPEITAS



...Wanted! Dead Or Alive!
Segue a sección "Sospeitosos Habituais", esta vez, con fotos enviadas por Paty, a que lle agradecemos a súa colaboración, os demáis...¿a que esperades? ¡¡¡¡A ver se tomamos exemplo!!!!
PD: Atención a cara de Michi na segunda foto...¡tremenda!

sábado, 19 de enero de 2008

KNIGHT RIDER

O coche fantástico, quen nunca de vos flipou coa bh-california saltando e facendo o ruido do turbobosst... esas si eran series de calidade, as épocas dorados do sci-fi.
Pos ben, a nbc comenza unha temporada nova, enlazando ahora co fillo de Michael Knight e eiquí tedes o novo coche fantástico

Sí seino, eche máis chulo o modelo antiguo, pero nestes anos de tunning xa se sabe, en fin para os que os quedastes con ganas de ver máis deixovos tamén a promocion da nbc.

lunes, 14 de enero de 2008

...MÁIS SOSPEITOSOS

¡¡¡Vaia elementos!!!
pero...¿Que me estás contando?

Bailando Rock'n'Roll
E como imaxinades...continuará. Por certo, se a alguén lle apetece colgar algunha foto, mandádenolas a otrasnorocknsoul@gmail.com, e as publicaremos.
Saúde e Rock'n'soul!!!

jueves, 10 de enero de 2008

STREET FIGHTER 4

Eiquí os deixo un video que mostra unha batalla en tempo real da nova version diste mítico xogo de capcom, máis dalgun dos vellos que pasades polo bar recordaredes os tempos nos que as videoconsolas non os aguantaban e había que votar 50pts. e as continuacións 25pts no medusa, tempos xa!, vos rapaciños o disfrutastes na super nintendo, e fin, eiquí tedes, moviemientos de camara en 3d, pero as pelexas materanse en 2d como no orixinal.

miércoles, 9 de enero de 2008

WOODSTOCK - VINDALOO ROCKETS

Estiveron impecables, o seu rock directo e potente deixou a máis dun coa boca aberta, nótase que parte dos compoñentes dista banda xa levan anos dando guerra en grupos como os Murrays e Foggy Mental Breckdown.
A entrada foi brutal, destrozaron tímpanos con un Hard Rock do máis potente, abraiados quedamos todos, ninguén os coñecía como banda, xa que resultou ser o seu primeiro concerto e que lembraremos como dos mellores que poidan dar... ¡Sí! tedes que seguir as andanzas deste grupo, que a min persolamente, encandilaronme.

David
Oscar

Gabi

Sonia
Para ver a súa páxina pulsa aqui

martes, 8 de enero de 2008

CLOVERFIELD - MONSTRUOSO


Moito falouse desta pélicula na internet, levan máis dun ano, poñendo videos, do máis curisoso, facendo un uso abusivo, e moi intelixente a par, da red de redes, moi bíblico seino, para dar publicidade dista pélicula.
De que realmente vai, poucos o poden saber, inda que a min cheirame a unha mezcla entre a Guerra Dos Mundos e Godzilla, veremos pois o que será, levo tempo querendo subir o video, pero ao estar en inglés e como non andaba moi claro, decidín agardar a que salera a verxión en castelán.
Aquí tedes a direccion oficial http://www.cloverfieldmovie.com/

lunes, 7 de enero de 2008

WOODSTOCK - PETER LORRE

Foi un gran concerto, cos fillos bastardos dándoo todo, boa música e mellor ambente, lástima no encher o bar, tanto "pa" nós como para Chof, o que hai que agradecer que acollera o apoteósico concerto.
Os primeiros en abrir foron os bastardos, nun concerto semi-acústico, aínda que non tanto nesta ocasión, xa que tocaron coas dúas guitarras "enchufadas", tocando clásicos do rock and roll, estiberon na sua línea, toda entrega sen descoidar a clase músical.

Lorre Lorre como guitarra solista

Sheriff Lorre guitarra rítmica

Howlin' O-Lorre batería

Michi "Calambres" Lorre como voz solista.