lunes, 17 de diciembre de 2007

MAIS SOSPEITOSOS HABITUAIS (e máis Halloween)






¡¡¡ MENUDA FESTA A QUE MONTAMOS!!!

ENTROIDO ROCK -HIGH SIERRAS



Outro gran grupo que pasou polo Entroido Rock, un directo aplastante, o Rock and Roll en máis estado puro, unha gran polivalencia nesta banda, o que máis impacta é a tremenda personalidade do conxunto, en expecial o baixista, Jacobo Jiménez, cunha gran carisma sobre escenario , o batería Andrés Cunha, unha voz impresionate, só cantou dos temas pero deixaronos pasmados coa sua calidade, sen esquecer Bruno Jiménez e Rubén Suárez guitarristas e cantantes, non deixedes de visitar a sua paxina web http://www.loshighsierras.com/ onde poderedes indagar máis sobre esta banda.

domingo, 16 de diciembre de 2007

MAIS TENACIOUS D

Debido o gran interese desatado na nosa paxina web, é moita a xente que esta pedindo máis material de Tenacious D... e aquí temos outro video sacado da película para que os deleitedes, si eu estou dacordo, ¡¡Xa tardan en editala en españa!!!

PD. si Jorge, xa sei que non se ven moitos comentarios (ningún OK), pero son un flipao!!!!!

Long live Tenacios D

miércoles, 12 de diciembre de 2007

ENTROIDO ROCK - NEW RIPPERS





Seguimos cos Vintages dos rippers, non será por gañas de por novo material na nosa web, pero hay moito material obsoleto, que quero sacar a relusir, tamén recuperarei fotos dos compoñentes que pasaron por este festival.
¿Porqué xa non se fan máis?, ¿será po-lo de sempre?, en fin animo os organizadores que volvan a intentar este tipo de festivais con o sen o beneplacito dos que falan.

martes, 11 de diciembre de 2007

PARECIDOS MAIS QUE RAZOABLES


O TRASNO ESTIVO ALÍ (I) Sewergrooves en concerto

Sandra con Kurt e Xabi



Inauguramos unha nova sección no blog do trasno, na que falaremos de concertos e outros eventos ós que podemos asistir, e facémolo cun dos nosos grupos favoritos, os Sewergrooves, no concerto que deron no Carmen 13, sala de concertos en Burgos.
É a cuarta vez que tiña ocasión de velos, e podo asegurarvos que foi o mellor concerto que lles vin ata agora, o que confirma o que parecía trala escoita do seu novo Lp, “Rock’n’Roll Receiver", que están nun gran momento, e o demostraron cun gran concerto no que ademáis de tocar case tódolos temas de este disco, tocaron algúns do seus clásicos, como “Living In Another World”, “Ain’t No Use”, “Ain’t Coming Home”, ou “Boogie Woman” derrochando a súa clase habitual. Nos bises, a apoteose, versión de “I Got A Levitation”, dos 13th Floor Elevators, có impresionante Xabi, de Señor No á guitarra, e para rematar “Demon In My Head”, conseguindo unha tremenda conexión có público, entregado a unha banda que, coma sempre, o deu todo no escenario.

P.D.: Esperamos colgar proximamente un vídeo do concerto.

Saúde e Rock’n’Soul!!!

lunes, 10 de diciembre de 2007

TENACIOUS D

Unha puta obra de arte... inda non se estrenou en españa, pero isto si que é a ostia, é o principio da nova pelicula protagonizada por Jack Black...ese DIO é inmortal!!!!

Salud fillos do metal!!!

PD. fillo bastardo, a ver cando nos deleitas cunha noite de bo metal!!!!

sábado, 8 de diciembre de 2007

I AM LEGEND

Seica esta película promete. É a historia do único ser human que sobrevive a unha invasión bacteriana que converte os bípedos pensantes, como non, en vampiros.

O protagonista da historia e un científico que é inmune a este infección, a verdade é que dase un aire a o "último hombre vivo" (Charlton Heston), en fin que ten toda a pinta de ser unha boa pelicula, se os gustou Constantine, personaxe comic "Hellblazer", queridos iletrados, é o mesmo director Francis Lawrence... Xa comentaredes

lunes, 3 de diciembre de 2007

SOSPEITOSOS HABITUAIS



Estos son algúns dos elementos...Continuará