
¡Menuda noticia! xa escoitáramos algo, pero acabamos de recibir un correo electrónico coa confirmación do festival que se celebrará o venres, 20 de xunio, en Carballo, coa participación de Las Membranas, Los Coronas, The Dirtbombs, The Neanderthals e os míticos e tremendos The Trashmen, será na Plaza do Concello, os concertos empezarán as 21:00 e a entrada será ¡¡¡¡Gratuita!!!!, xa sabedes, para non perdelo. Máis información:
Saúde e Rock'n'Soul!
O Sheriff Lorre

