Hola a todos! Esta é a nosa primeira aparición na rede, tras un anterior intento fallido, no que non saímos “en antena” por motivos técnicos.
Queriamos antes de nada agradecer á xente que fixo posible este blog, especialmente ó Don Depresor, e tamén o inefable Cheese Barbecue, pola súa colaboración e boas intencións.
O Trasno é un pub de rock’n’roll e soul no que podedes pasar esas longas noites de venres e sábados, desfrutando dos nosos deliciosos “mojitos” e “caipirinhas”, mentres escoitades Rockabilly, R&B, Surf, Rock’n’Roll, Funk, Boogaloo, Soul, Blues, Garage, Country, Power Pop, Punk, Lo-Fi, High Energy…
Pero ademáis gustaríanos que este blog sirvera de foro de opinión para todos vos, tanto para dar a vosa valoración do Trasno como calqueira cousa que vos apeteza, así como recomendacións para mellorar o noso local.
¡¡¡¡Esperámosvos!!!!
¡¡Saúde e Rock’n’Soul!!
martes, 13 de noviembre de 2007
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario