Inauguramos unha nova sección no blog do trasno, na que falaremos de concertos e outros eventos ós que podemos asistir, e facémolo cun dos nosos grupos favoritos, os Sewergrooves, no concerto que deron no Carmen 13, sala de concertos en Burgos.
É a cuarta vez que tiña ocasión de velos, e podo asegurarvos que foi o mellor concerto que lles vin ata agora, o que confirma o que parecía trala escoita do seu novo Lp, “Rock’n’Roll Receiver", que están nun gran momento, e o demostraron cun gran concerto no que ademáis de tocar case tódolos temas de este disco, tocaron algúns do seus clásicos, como “Living In Another World”, “Ain’t No Use”, “Ain’t Coming Home”, ou “Boogie Woman” derrochando a súa clase habitual. Nos bises, a apoteose, versión de “I Got A Levitation”, dos 13th Floor Elevators, có impresionante Xabi, de Señor No á guitarra, e para rematar “Demon In My Head”, conseguindo unha tremenda conexión có público, entregado a unha banda que, coma sempre, o deu todo no escenario.

P.D.: Esperamos colgar proximamente un vídeo do concerto.
Saúde e Rock’n’Soul!!!
4 comentarios:
mas tenacios d!!!!!
PESADO! que no te enteras, MAS ROCK AND ROLL!!
Vaya dos cachondos!!!!!!
MAIS TENACIOS D OSTIA!!!!
Publicar un comentario